Blog Protectora Marín
Foro Protectora Marín
 
Estado:
 
Texto:
 
ASUNTO: INVITACIÓN A CHARLA INFORMATIVA [22-02-2010]
 



ILTMO. CONCELLO DE MARÍN
Concellaría de Medio Ambiente
C/. Méndez Núñez, núm. 76-entrecha
Tlf.886208086
36900 MARÍN (Pontevedra )

ASUNTO: INVITACIÓN A CHARLA INFORMATIVA
“ OS MORCEGOS, UN MUNDO DE SORPRESAS”




Sres./as.

Dende a Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Marín, diríxome a vostedes para informarlles ao tempo de facelos partícipes, na sensibilización que se está a facer co medio ambiente grazas o ciclo de exposicións “Marín Amosa”. Debido a que un dos obxectivos marcados por esta Concellaría de Medio Ambiente é o de acadar dentro da poboación de Marín unha maior concienciación medioambiental e coñecemento do valor do noso entorno natural.
Por iso nos complace anunciar a charla informativa sobre Morcegos de Galicia para o día 25 de Febreiro no Museo Manuel Torres ás 20.30h, titulada “Os morcegos, un mundo de sorpresas” impartida polo biólogo David Graña.
David Graña, membro de Drosera,será o encargado de aclarar as dúbidas dos asistentes sobre estes mamíferos e tamén dará a coñecer o traballo desenvolvido polo seu colectivo.
Esta charla servirá como apoio á exposición que , dende o pasado día 1 de Febreiro, está a ocupar as salas de exposición do Museo Manuel Torres de Marín e que leva por título Morcegos de Galicia, sendo unha colección de imaxes e textos que pretenden dar a coñecer a esta especie animal, con tan mala fama entre a nosa sociedade. Pero dende a Concellaría de Medio Ambiente facilitase unha visita guiada facendo algún taller e xogo para os escolares, fomentando a educación ambiental xa que é un factor básico para acadar o noso obxectivo.
Nos paneis da exposición se dan a coñecer 19 especies, dos que se mencionan datos sobre a fisionomía destes quirópteros, os seus costumes ou a súa organización en colonias, todos estes aspectos estudiados polos membros de Drosera dende hai varios anos, información que tamén formará parte do Atlas de Morcegos de Galicia que o colectivo está a preparar.
Esta exposición sobre os Morcegos de Galicia e a charla son de gran relevancia para o noso concello debido a que contamos con tres especies ameazadas de morcegos entre outras especies comúns. De ahí a importancia de saber como viven, as peculiaridades e os beneficios que nos aportan estes pequenos mamíferos descoñecidos por todos.

Esperando que esta invitación sexa do seu agrado, e contar coa súa presencia no acto a celebrar, saúdao atentamente.

MARÍN: 16/02/10

A Concelleira Delegada de Medio Ambiente.
Pilar Branco López.